900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivendas en Galicia cae un 12,4% en Galicia en 2023, máis que a media

Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística reflexan que se rexistraron 19.149 operacións, un retroceso maior que a media estatal situada no 9,7% de descenso

Nova Galicia

A compravenda de vivendas en Galicia sufriu un retroceso do 12,4% durante 2023 ata as 19.149 operacións, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

O descenso é superior ao 9,7% de caída en España, onde se rexistraron 586.913 operacións. A caída de Galicia é a sexta maior entre comunidades, con Baleares (-19,9%) co peor dato. A única comunidade na que repuntaron as compravendas de vivienda foi Asturias (5,6%).

Esta caída prodúcese logo de dous anos consecutivos de incremento de compravendas de vivendas en Galicia. En 2021 situáranse en 19.815 operacións e en 2022 chegaran ás 21.864. 

Redúcese un 3,4% o número de fincas transmitidas 

En Galicia tamén se reduciu un 3,4% o número de fincas transmitidas respecto a 2022, quedando en 105.336, das cales 70.839 foron urbanas e 34.497 rústicas. 

A nivel nacional, a compravenda de vivendas rexistrou en 2023 un descenso do 9,7% con respecto ao ano anterior, ata un total de 586.913 operacións. Este retroceso na compravenda de vivendas débese á diminución tanto das operacións sobre pisos de segunda man como ao das compravendas de vivendas novas. 

As hipotecas descenden un 22% en Galicia en 2023 

As hipotecas formalizadas en Galicia durante 2023 chegaron á cifra de 12.336, unha reducción de case un 22% respecto ao ano anterior, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Os altos tipos de interese lastran o número de hipotecas que caeu das 15.802 formalizadas en 2022 ás 12.336 de 2023. 

Este descenso no número de hipotecas na comunidade galega foi o segundo maior de todo o territorio nacional, só superado por A Rioxa, cunha caída do 36,1%. O descenso da media nacional situouse no 17,8%. 

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí