900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivendas en Galicia medra un 8,1% en xaneiro, ata chegar ás 2.359 operacións

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), a nivel nacional, a compravenda de vivendas incrementouse ata un 11% no primeiro mes de 2025, por enriba da media galega.

Noticia Galicia

A compravenda de vivendas en Galicia medrou un 8,1% en xaneiro respecto ao mesmo mes do ano pasado, ata chegar ás 2.359 operacións. Segundo publica o Instituto Nacional de Estadística (INE), este incremento é inferior ao contabilizado a nivel nacional, xa que no total de España, a compravenda de vivendas subiu ata un 11%, con 60.650 sinaturas, a maior cifra rexistrada neste mes dende 2008.

Ourense, cunha subida do 12,8% e 229 operacións, foi a provincia galega onde máis creceu esta estatística; seguida de A Coruña, cun incremento do 11,4% e 1.162 operacións e Pontevedra, cun aumento do 9,3% e 707 operacións. Pola contra, en Lugo rexistrouse unha caída do 10%, con 261 compravendas de vivendas. En total, transmitíronse en Galicia un total de 4.315 vivendas, un 2,8% máis, das cales máis dun millar foron por herdanzas.

En relación ás fincas transmitidas en Galicia, en xaneiro reduciuse un 3,3% coa cifra de 10.315. Delas, 2.344 eran fincas rústicas, un 18% menos, mentres que 7.971 eran urbanas, un 2% máis.

Máis de 60.600 operacións a nivel nacional

 

A nivel nacional, a compravenda de vivendas subiu en xaneiro un 11% respecto ao mesmo mes de 2024, ata un total de 60.650 operacións. Deste xeito, esta estatística encadea sete meses de subidas interanuais, aída que a de xaneiro foi máis moderada que a de decembro de 2024 (+37,7%).

Este incremento debeuse ás operacións sobre pisos novos (+30,9% interanual) que chegaron ás 14.164 operacións e ás realizadas sobre pisos usados (+6,1%), que rexistraron 46.486 sinaturas.

 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ